Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Adaptación da estrada LU-231, Friol - A Baiuca, P.Q. 0+000 -18+700 (enlace autoestrada A-54) ao Plan de Baixa IMD mellorada. Treito: 9+400- 18+700
- Clave: LU/16/075.10.2
- Provincia: Lugo
- Concello: PALAS DE REI
- Data anuncio DOG: 15/11/2021
- Data límite de alegacións: 29/12/2021
- Data de resolucion DOG: 07/11/2025
- Tipo: Proxecto de Construción
- Estado: Información pública aprobada
Documentos relacionados
- Anuncio DOG
- Tomos 1, 2 e 3
- Resolución DOG aprobación información publica
- Plano de conxunto do trazado aprobado