Liña de Actuación 3.2.03: Mellora da seguridade viaria en puntos de concentración de accidentes de estradas convencionais interurbanas

Compártao :

Compartir

As condicións de seguridade viaria na Rede Autonómica de Estradas de Galicia foron mellorando continuamente, aínda que a día de hoxe o nivel de accidentalidade segue sendo inaceptable. Para reducir a sinistralidade en estradas de titularidade autonómica, desenvolveranse dous tipos de actuacións: actuacións en Treitos de Concentración de Accidentes (TCAs) e actuacións nas marxes de estradas para reducir as consecuencias para as persoas dos accidentes que se produzan.

O obxectivo político e o obxectivo específico desta liña de actuación son os seguintes:

Código LA3.2.03
Denominación LA Mellora da seguridade viaria en puntos de concentración de accidentes de estradas convencionais interurbanas
Obxectivo políticoObxectivo político 3: unha Europa máis conectada, mellorando a mobilidade 
PrioridadeP3A. Mobilidade
Obxectivo específicoRSO3.2. Desenvolver e potenciar unha mobilidade sostible, resistente ao cambio climático, intelixente e intermodal a escala nacional, rexional e local, que inclúa a mellora do acceso á RTE-T e a mobilidade transfronteiriza
Axuda FEDER12.585.605,00 €