A bonificación por familia numerosa é aplicable ás viaxes realizadas calquera día do ano por vehículos lixeiros que abonen a peaxe con dispositivo de telepeaxe Vía-T operativo.
A que traxectos se aplica?
Percorridos de ida e volta que se realicen polas autoestradas AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Puxeiros-Val Miñor por un vehículo lixeiro titularidade dunha familia numerosa en 24 horas, entre o mesmo par orixe/destino, nos que o percorrido de ida realízase no sentido contrario ao de volta.
Válido para todos os días do ano.
Que aforro teño?
Bonificación do 100% no percorrido de volta.
Que condicións debo cumprir?
Para beneficiarse da bonificación por familia numerosa, é necesario que antes de realizar os seus traxectos pola autoestrada AG-55 e/ou AG-57 cumpra coas seguintes condicións:
- Ser unha familia numerosa e que a unidade familiar estea en posesión dun título de familia numerosa en vigor, expedido pola Xunta de Galicia.
- Cubrir o impreso de solicitude de alta dispoñible na páxina web de Autoestradas de Galicia www.autoestradas.com acompañando a seguinte documentación:
- Título oficial en vigor de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia, no que se inclúa a súa data de vixencia.
- Certificado de titularidade do dispositivo de telepeaxe Vía-T, expedido pola entidade financeira ou de calquera outra índole na que se adquiriu o mesmo, no que se inclúa a vixencia do mesmo. A persoa titular do dispositivo deberá ser membro da familia numerosa de que se trate.
- Copia do permiso de circulación do vehículo lixeiro que empregue a familia numerosa, ou no seu caso do contrato de aluguer do vehículo. A persoa titular do vehículo ou do contrato de aluguer deberá ser membro da familia numerosa de que se trate.
Ademais, á hora de realizar os percorridos pola autoestrada deberá cumprir as seguintes condicións:
- Circular cun vehículo lixeiro.
- Que o vehículo utilice como sistema de pago o dispositivo de telepeaxe Vía-T interoperable comunicado no formulario de alta.
- Que os percorridos de ida e volta sexan realizados polo mesmo vehículo lixeiro comunicado á sociedade concesionaria a través do formulario de alta e que o pago dos mesmos sexa realizado tamén empregando o mesmo dispositivo de telepeaxe Vía-T comunicado a Autoestradas de Galicia a través do mesmo formulario de alta.
- Que o dispositivo de telepeaxe Vía-T estea en vigor, en condicións plenamente operativas e con saldo para facer efectivo o importe da peaxe.
- Que o dispositivo de telepeaxe Vía-T estea correctamente colocado nun soporte no interior do vehículo.
- Os percorridos de ida e de volta deben realizarse pola autoestrada, entre o mesmo par orixe/destino e en sentido contrario.
- O vehículo lixeiro debe pasar co dispositivo de telepeaxe Vía-T pola estación de peaxe de destino no prazo máximo de 24 horas desde o pagamento do percorrido de ida.
Esta bonificación, é compatible con outras?
Si, é compatible con:
- Bonificación en horario nocturno.
No caso de que sexan de aplicación as dúas bonificacións, primeiro calcularase a bonificación por tramo horario de uso, posteriormente sobre o devandito resultado aplicarase a bonificación correspondente por frecuencia de uso coa regulación específica da bonificación destinada ás familias numerosas.