Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

Elaboración de Mapas Estratéxicos de ruido, treitos das estradas AG-55,AC-415 e outras (A Coruña Oeste, Costa da Morte

  • Clave: AC/13/038.09
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: CARBALLO, CULLEREDO, A CORUÑA, ARTEIXO, MALPICA DE BERGANTIÑOS, A LARACHA, CORISTANCO
  • Data anuncio DOG: 09/12/2014
  • Data límite de alegacións: 09/01/2015
  • Data de resolucion DOG: 30/11/2015
  • Tipo: Outros Estudos
  • Estado: Información pública aprobada

Documentos relacionados