Obxectivo Temático 20 – Dixitalización de estradas

Compártao :

Compartir

Esta actuación encádrase no obxectivo temático nº 20, obxectivo específico OE 20.1.2 - OE REACT-UE 2.

  • Co obxectivo temático nº 20 preténdese apoiar o investimento en produtos e servizos para os servizos de saúde, en forma de capital circulante ou investimentos para as PEMEs en sectores cun elevado potencial de creación de emprego, aos sectores máis afectados pola crise da COVID-19, investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital e verde, e investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos aos cidadáns e cidadás.
  • Co obxectivo específico OE 20.1.2 - OE REACT-UE 2, actúase dentro da prioridade 13i de fomento da reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e preparación dunha recuperación verde, dixital e resiliente da economía. Neste obxectivo contémplanse, entre outras, actuacións de dixitalización na administración pública autonómica e reforzo das canles e medios dixitais do sector público. Seguindo esta liña de actuación, levarase a cabo a dixitalización da información do dominio público das estradas, así como dos expedientes expropiatorios: cartografía dixital das estradas autonómicas, vectorización dos elementos da estrada, dixitalización dos datos de expropiación e vectorización dos elementos de defensa da estrada.

A continuación, recóllense nunha ficha as distintas actuacións relacionadas co obxectivo específico OE 20.1.2  - OE REACT-UE 2.

Ficha de operacións