Plan Director de Estradas de Galicia

O Plan Director de Estradas de Galicia é o instrumento técnico e xurídico de planificación plurianual das actuacións en materia de estradas das distintas administracións, referido á totalidade do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Compártao :

Compartir

As infraestruturas viarias son un elemento básico para fomentar a competitividade da economía, e estratéxico para a consecución dun modelo territorial equilibrado polo que, no marco das importantes transformacións que se están producindo en materia de mobilidade e xestión das infraestruturas de transporte, resulta conveniente establecer as liñas de actuación que guíen as actuacións públicas en materia de estradas nos próximos anos, que se recollerán no Plan Director de Estradas de Galicia (PDEG).

A Xunta de Galicia está actualmente redactando o Plan Director de Estradas de Galicia. O seu contido e tramitación veñen establecidos nos artigos 27 e 28 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia. A tramitación se realizará de xeito simultáneo ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria establecido na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de Avaliación Ambiental.