A intensidade e volume de tráfico na Rede Autonómica de Estradas de Galicia avalíase continuamente a través dos traballos previstos no plan de aforos.
O obxectivo básico do plan de aforos da Rede Autonómica de Estradas de Galicia é o coñecemento do tráfico que circula polas distintas estradas que a compoñen, definido por unha serie de parámetros característicos como a intensidade media diaria, o volume anual de tráfico ou a porcentaxe de vehículos pesados e as súas variacións ao longo do tempo. Estes parámetros utilizaranse como base para as regulacións de tráfico, e para o planeamento e explotación da rede viaria.
Tendo en conta a amplitude da rede de estradas que se pretende controlar co plan de aforos e a escaseza dos equipos dispoñibles, faise necesaria unha optimización dos recursos materiais e humanos a utilizar. Para iso é necesario realizar unha selección moi coidadosa das seccións nas que se realizarán os aforos, de tal xeito que todas as vías da rede queden representadas.
Memoria de Tráfico
Desde o ano 1993 edítase a Memoria de Tráfico da Rede Autonómica de Estradas de Galicia e, desde o ano 1998, a memoria edítase en formato dixital, permitindo visualizar os datos rexistrados polas estacións de aforo e os planos de intensidades de tráfico da rede.
Última versión publicada (ano 2023)
Hai dúas posibilidades de descargar esta edición dixital desde esta páxina web:
- Versión en formato PDF (soamente os datos do ano referido): Memoria de tráfico do ano 2023 (PDF, 63 Mb)
- Versión interactiva (cos datos do ano referido e anteriores como datos históricos), para a que se require previamente descargar os arquivos e instalar a aplicación Afoxun que xestiona a información: Afoxun 2023 (ZIP, 213 Mb)
- Memoria de tráfico do ano 2023
- Afoxun 2023
- Memoria de tráfico do ano 2022
- Afoxun 2022
- Memoria de tráfico do ano 2021
- Afoxun 2021
- Memoria de tráfico do ano 2020
- Afoxun 2020
- Memoria de tráfico do ano 2019
- Afoxun 2019
- Memoria de tráfico do ano 2018
- Afoxun 2018
- Memoria de tráfico do ano 2017
- Afoxun 2017
- Memoria de tráfico do ano 2016
- Memoria de tráfico do ano 2015
- Memoria de tráfico do ano 2014
- Memoria de tráfico do ano 2013
- Memoria de tráfico do ano 2012
- Memoria de tráfico do ano 2011
- Memoria de tráfico do ano 2010
- Memoria de tráfico do ano 2009
- Memoria de tráfico do ano 2008
- Memoria de tráfico do ano 2007
- Memoria de tráfico do ano 2006
- Memoria de tráfico do ano 2005