Se vostede era titular (calquera que sexa o título de adquisición) de bens ou dereitos expropiados para a execución de obras de estradas ou para a prestación do servizo público viario, poderá solicitar a súa reversión nos seguintes casos, ao abeiro do artigo 54 da Lei, do 16 de decembro de 1954, sobre Expropiación Forzosa:
- Cando non se teña executado a obra ou non se teña establecido o servicio que motivou a expropiación.
- Cando realizada a obra ou establecido o servicio quede algunha parte sobrante dos bens expropiados.
- Cando desapareza a afectación dos bens ou dereitos ás obras ou servicios que motivaron a expropiación.
Prema no seguinte enlace se desexa iniciar o procedemento para solicitar unha reversión: