Rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia
O artigo 47.1 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, establece que as entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM) son aquelas entidades dotadas de personalidade xurídica e plena capacidad de obrar que, logo do cumprimento dos requisitos que se establecen nesta lei e dos que se determinen regulamentariamente, se constitúan coa finalidade de desenvolver actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade das obras, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal, incluíndo tanto a fase previa ao outorgamento ou á eficacia dos títulos habilitantes como, posteriormente, o ámbito da execución da obra ou o funcionamento da actividade.
Pola súa banda, o artigo 146.bis) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, prevé a intervención das ECCOM na tramitación dos títulos habilitantes municipais de natureza urbanística.
De conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, a autorización e rexistro das ECCOM corresponderá á consellería competente en materia de urbanismo e regulamentariamente se establecerán os requisitos exixibles para a autorización das ECCOM, así como o seu rexistro, o desenvolvemento das súas actividades e o seu réxime xurídico.
Esta previsión foi desenvolvida mediante o Decreto 60/2025, do 21 de xullo, polo que se regulan as entidades de certificación de conformidade municipal na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro.
Documentos relacionados
- Entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia
Normativas relacionadas
- Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
- Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos
- Decreto 60/2025, do 21 de xullo, polo que se regulan as entidades de certificación de conformidade municipal na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro