Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Conversión en autovía do Corredor do Morrazo CG-4.1. Treito: Enlace de Rande - Enlace de Cangas
- Clave: PO/12/070.01
- Provincia: Pontevedra
- Concello: CANGAS, MOAÑA
- Data anuncio DOG: 20/07/2012
- Data límite de alegacións: 28/09/2012
- Data de resolucion DOG: 30/04/2013
- Tipo: Proxecto de Trazado
- Estado: Información pública aprobada
Documentos relacionados
- 2_Planos_Corredor_planta_e_perfil_lonxitudinal
- 3_Planos_Corredor_planta_conxunto_
- 4_Memoria_Corredor
- 11_Plano_Actuacions_previstas_no_Plan
- 12_Plano_Actuacions_previstas_no_Plan_2
- 13_Plano_Actuacions_previstas_no_Plan_por_rede
- 14_PLA~1
- 15_Memoria_Plan_de_Mobilidade
- DOG_aprobacion_informacion_publica
- Planos_aprobacion
- Resolucion_aprobacion