A Axencia Galega de Infraestruturas

Compártao :

Compartir

Presentación

A Axencia Galega de Infraestruturas é o órgano administrativo da Xunta de Galicia encargado de xestionar integramente a infraestrutura viaria da Rede de Estradas da Comunidade Autónoma Galega (RAEG).

Os obxectivos básicos da Axencia Galega de Infraestruturas son impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de estradas. Para tales efectos, correspóndelle á axencia planificar, proxectar, construír, conservar e explotar as estradas que sexan de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os servizos que se poidan instalar ou desenvolver nas ditas infraestruturas. Tamén ten por obxecto garantir o uso e defensa do patrimonio viario.

A Axencia Galega de Infraestruturas planifica as súas actuacións en base á análise das principais necesidades e demandas que en materia de infraestruturas existen na nosa comunidade autónoma, tanto en termos de nova construción como en termos de seguridade viaria e mantemento e conservación dos máis de 5.500 quilómetros da rede de estradas de titularidade autonómica.

A implementación e construción de novas infraestruturas constitúe unha liña básica de actuación que pretende acadar os máis altos graos de vertebración interior e exterior para o noso territorio. Para facer realidade este obxectivo, elabóranse  Plans de Actuación que definirán as estratexias para a futura toma de decisións, marcándose prazos realistas e establecendo as dotacións orzamentarias axeitadas para desenvolver da maneira máis eficiente a rede que articulará as comunicacións no futuro de Galicia.

Pero xunto á construción de novos quilómetros de estradas tamén é necesaria a conservación das xa existentes e acometer determinadas actuacións de mellora, tanto para acurtar os tempos de traxecto como para manter a seguridade nos seus percorridos, modificándoos cando así sexa necesario para, por exemplo, obter un trazado máis homoxéneo, radios de curva amplos coa maior visibilidade posible, un balizamento adecuado, sinalización vertical e horizontal axeitada ou as condicións necesarias para un bo estado do firme.

A Axencia Galega de Infraestruturas poderá ademais planificar, proxectar, construír, conservar e explotar outras infraestruturas distintas das estradas que conforman a Rede Autonómica de Estradas de Galicia, en virtude das encomendas ou encargas que reciba dos órganos ou entidades competentes.

Constitución da Axencia

A constitución e posta e funcionamento da Axencia prodúcese por Orde de 18 de outubro de 2011 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, publicada no Diario Oficial de Galicia o 21 de outubro de 2011.

O nomeamento dos/as vogais do Consello Reitor da Axencia prodúcese por Orde da Consellería de Infraestruturas e Vivenda de 16 de xaneiro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia o 1 de febreiro de 2016.

Contactos relacionados
  • Axencia Galega de Infraestruturas

    Edificio Administrativo San Caetano
    15781 - Santiago de Compostela (A Coruña)
    Teléfono: 981 544 564 ; Fax: 981 544 543
    Correo-e: infraestruturas.cim@xunta.gal

  • Servizo Provincial da Coruña

    R/ Vicente Ferrer, 2
    15071 - A Coruña (A Coruña)
    Teléfono: 981 184 870

  • Servizo Provincial de Lugo

    Ronda da Muralla, 70
    27071 - Lugo (Lugo)
    Teléfono: 982 294 446

  • Servizo Provincial de Ourense

    R/ Sáenz Díez, 1
    32071 - Ourense (Ourense)
    Teléfono: 988 386 247

  • Servizo Provincial de Pontevedra

    Avda. Fernández Ladreda, 43-1º-4º
    36071 - Pontevedra (Pontevedra)
    Teléfono: 986 805 639