Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Conexión Porto Seco Monforte coa LU-546
- Clave: LU/09/256.00
- Provincia: Lugo
- Data anuncio DOG: 18/07/2012
- Data límite de alegacións: 24/08/2012
- Data de resolucion DOG: 16/09/2013
- Tipo: Estudo Informativo e Estudo de Impacto Ambiental
- Estado: Información pública aprobada
Documentos relacionados
- 1_Alternativas_estudadas_Planta_xeral_ortofoto
- 2_ALTE~1
- 3_Alternativa_elixida_Planta_trazado
- 4_Alternativa_elixida_Planta_trazado
- 5_Alternativa_elixida_Planta_trazado_ortofoto
- 6_Alterntiva_elixida_Planta_trazado_ortofoto
- Memoria