Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Documento complementario do anteproxecto doeixo de comunicacións A-52 - fronteira portuguesa. Treito: Variante de Verea
- Clave: OU/01/101.01
- Provincia: Ourense
- Concello: BANDE, VEREA, A MERCA, CELANOVA, SAN CIBRAO DAS VIÑAS, MUIÑOS, LOBIOS, LOBEIRA, ENTRIMO
- Data anuncio DOG: 28/12/2007
- Data límite de alegacións: 04/02/2008
- Data de resolucion DOG: 27/02/2008
- Tipo: Anteproxecto
- Estado: Información pública aprobada