Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

VAC da costa norte. Treito AG-64 (San Sadurniño) - Campo do Hospital. Modificación trazado entre os PKs 13+300 e 19+300

  • Clave: AC/00/062.01.1.3
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: CERDIDO, ORTIGUEIRA
  • Data anuncio DOG: 23/10/2007
  • Data límite de alegacións: 28/11/2007
  • Data de resolucion DOG: 09/05/2008
  • Tipo: Proxecto de Trazado
  • Estado: Información pública aprobada