Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
VAC Tui-A Guarda. Enlace completo co polígono de Areas. P.Q 0+630
- Clave: PO/24/012.01.1
- Provincia: Pontevedra
- Concello: TUI
- Data anuncio DOG: 20/06/2025
- Data límite de alegacións: 04/08/2025
- Data de resolucion DOG: 09/10/2025
- Tipo: Proxecto de Trazado
- Estado: Información pública aprobada
Documentos relacionados
- Anuncio DOG información pública
- Ficha descritiva do proxecto sometido a información pública
- Proxecto sometido a información pública
- Resolución DOG aprobación información publica
- Plano de conxunto do trazado aprobado