Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo norte á cidade de Lugo

  • Clave: LU/22/055.06
  • Provincia: Lugo
  • Concello: LUGO, COSPEITO, CASTRO DE REI, BEGONTE, ABADÍN, RIOTORTO, MEIRA, O VICEDO, XOVE, OUTEIRO DE REI
  • Data anuncio DOG: 27/12/2022
  • Data límite de alegacións: 08/02/2023
  • Data de resolucion DOG: 23/03/2023
  • Tipo: Proxecto de Trazado
  • Estado: Información pública aprobada

Documentos relacionados