Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Instalacións de subministro e servizos entre os PKs 80+250 e 80+750 da AG-53 (ME) - Área de servizo
- Clave: OU/18/220.01
- Provincia: Ourense
- Data anuncio DOG: 12/02/2020
- Data límite de alegacións: 11/06/2020
- Data de resolucion DOG: 02/10/2020
- Tipo: Anteproxecto
- Estado: Información pública aprobada
Documentos relacionados
- Anuncio DOG - Aprobación
- Anuncio DOG
- Resolución Aprobación
- Tomo único