Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

Mellora da OU-402. 1ª fase. Treito: pp.qq. 30+720-32+180

  • Clave: OU/19/025.06
  • Provincia: Ourense
  • Concello: A ARNOIA
  • Data anuncio DOG: 25/08/2021
  • Data límite de alegacións: 06/10/2021
  • Data de resolucion DOG: 12/11/2021
  • Tipo: Proxecto de Construción
  • Estado: Información pública aprobada

Documentos relacionados