Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV na contorna de TCA na estrada PO-551. P.Q. 16+200 A 17+200
- Clave: PO/18/141.06
- Provincia: Pontevedra
- Concello: CANGAS
- Data anuncio DOG: 05/02/2021
- Data límite de alegacións: 22/03/2021
- Data de resolucion DOG: 06/07/2021
- Tipo: Proxecto de Construción
- Estado: Información pública aprobada
Documentos relacionados
- Anuncio DOG da resolución aprobada
- Anuncio DOG
- Resolución aprobada
- Tomo único