Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Actualización do PC "Adaptación da AC-934 ao Plan de Baixa IMD mellorada. treito I: PQ 12+900 ao 17+300
- Clave: AC/10/094.02.1.2
- Provincia: A Coruña
- Concello: SOBRADO
- Data anuncio DOG: 14/06/2017
- Data de resolucion DOG: 06/05/2019
- Tipo: Proxecto de Construción
- Estado: Información pública aprobada