Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Primeira fase da prolongación da autovía da Costa da Morte. Treito: Santa Irena - AC-432.
- Clave: AC/16/219.01
- Provincia: A Coruña
- Concello: VIMIANZO
- Data anuncio DOG: 21/02/2020
- Data límite de alegacións: 22/06/2020
- Tipo: Proxecto de Construción
- Estado: Finalizado o período de alegacións
- Documentación completa: Descargar
Documentos relacionados
- Anuncio DOG