Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

Itinerario peonil e ciclsta na AC-174, treito: Montrove - As Pedreiras (PQ. 2+440 -3+600), en na AC-190, treito: O Carballo - As Pedreiras (PQ. 0+200 -0+620)

  • Clave: AC/16/092.06
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: OLEIROS
  • Data anuncio DOG: 26/04/2017
  • Data límite de alegacións: 12/06/2017
  • Data de resolucion DOG: 03/07/2017
  • Tipo: Proxecto de Construción
  • Estado: Información pública aprobada

Documentos relacionados