Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

Itinerario peonil e ciclista na PO-250. Amoedo - Pazos de Borbén. P.Q. 6+500 - 7+320

  • Clave: PO/16/060.06
  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: PAZOS DE BORBÉN
  • Data anuncio DOG: 21/11/2016
  • Data límite de alegacións: 04/01/2017
  • Data de resolucion DOG: 20/02/2017
  • Tipo: Proxecto de Construción
  • Estado: Información pública aprobada

Documentos relacionados