Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

Mellora da estrada LU-124. Treito: Lindín (A8) - Cruz da Cancela (LU-122)

  • Clave: LU/15/101.10
  • Provincia: Lugo
  • Concello: MONDOÑEDO
  • Data anuncio DOG: 18/04/2016
  • Data límite de alegacións: 25/05/2016
  • Data de resolucion DOG: 10/06/2016
  • Tipo: Proxecto de Construción
  • Estado: Información pública aprobada
  • Documentación completa: Descargar

Documentos relacionados