Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Elaboración dos Mapas Estratéxicos de ruido nos treitos das estradas AG-11,AC-305,AC-550,AC-552 (A Coruña-Barbanza-Noia)
- Clave: AC/13/040.09
- Provincia: A Coruña
- Concello: BOIRO, PADRÓN, DODRO, OUTES, NOIA, MUROS, DUMBRÍA, CEE, RIBEIRA, RIANXO, A POBRA DO CARAMIÑAL
- Data anuncio DOG: 12/01/2015
- Data límite de alegacións: 12/02/2015
- Data de resolucion DOG: 30/11/2015
- Tipo: Outros Estudos
- Estado: Información pública aprobada
Documentos relacionados
- AC-13-040.09.1_AG-11_IP
- AC-13-040.09.2_AC-305_IP
- AC-13-040.09.3_AC-550_IP
- AC-13-040.09.4_AC-552_IP
- AnuncioDOGdaIP