Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Elaboración dos Mapas Estratéxicos de ruido nos treitos das estradas AG-56,AG-59,AC-543,AC-544 (A Coruña - Santiago)
- Clave: AC/13/039.09
- Provincia: A Coruña
- Concello: NEGREIRA, TEO, SANTIAGO DE COMPOSTELA, BRIÓN, AMES
- Data anuncio DOG: 02/12/2014
- Data límite de alegacións: 02/01/2015
- Data de resolucion DOG: 30/11/2015
- Tipo: Outros Estudos
- Estado: Información pública aprobada
Documentos relacionados
- 1-AG-56ARocha-BrionAC-13-039.09.1
- 2-Santiago-PonteveaAC-13-039.09.2AG-59
- 3-Vidan-Noia_AC-13-039.09.3AC-543
- 4-Bertamirans-BrionAC-13-039.09.4-AC-544
- AnuncioDOG_Zona_Santiago
- DOG_AC.13.039.09