Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia
Data de publicación oficial: 01 febreiro 2021
Observacións:
Data de entrada en vigor: 21 de febreiro de 2021.
Estas Directrices empréganse conxuntamenteo co Catálogo de Paisaxes de Galicia.
O Anexo IV destas directrices, no seu artigo 4.1 "Disposicións de carácter xeral", establece o seguinte:
- Calquera plan, programa ou proxecto que se desenvolva en Galicia deberá tomar en consideración no seu deseño, na súa aplicación e na execución das actuacións que implique, os valores paisaxísticos e o carácter diferenciado das grandes áreas paisaxísticas e dos diferentes tipos de paisaxes, identificados e analizados no Catálogo das paisaxes de Galicia.
[...]
Estas Directrices de paisaxe establécense sen prexuízo da restante normativa en ma-teria de ordenación do territorio, urbanismo, conservación da natureza, patrimonio cultural, protección do dominio público ou calquera outra, ben teña por obxecto a protección de valores presentes no medio ben a regulación de infraestruturas, recursos ou actividades de calquera clase que poidan ter algún tipo de incidencia sobre a paisaxe.
Rango legal: Decreto
Tipo de normativa: Ordenación
Estado: Vixente
Orixe: Autonómica