A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, pon en funcionamento este formulario de correo da inspección de transporte por estrada. A través desta ferramenta, recóllense denuncias anónimas sobre incumprimentos da normativa de transporte, coa finalidade de facilitar a actividade da Inspección de Transporte.
Se vostede coñece algún incumprimento da normativa de transporte pode empregalo para facilitar información de forma totalmente anónima. Non é obrigatorio que achegue ningún dato persoal, o formulario só recollerá información sobre as presuntas irregularidades das que teña coñecemento.
Se desexa recibir confirmación do seu envío ou que poidamos contactar con vostede para os efectos de poder ampliar información sobre o contido da súa comunicación pode achegar o seu correo electrónico de forma voluntaria.