Conselleiros/as de seguridade (convocatoria 2022)

Ano da convocatoria: 2022

Descrición: CONVOCATORIA EXAMES CONSELLEIROS/AS DE SEGURIDADE 2022. Prazo de inscrición

Compártao :

Compartir
Data de actualización: 23 novembro 2022

Ano da convocatoria: 2022

Descrición: CONVOCATORIA EXAMES CONSELLEIROS/AS DE SEGURIDADE 2022. Prazo de inscrición

Está aberto o prazo de inscrición para realizar as probas dirixidas á obtención (código IF310A) ou renovación (código IF310B) do certificado de capacitación profesional de conselleiro/a de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.

O prazo finaliza o 8 de agosto de 2022.

Teléfono de información: 981 544 554.

Para inscribirse ao exame hai que presentar unha solicitude axustada aos modelos normalizados que se publican como anexos da resolución de convocatoria, anexo II para obtención e anexo III para renovación, e que están dispoñibles na ligazón que se indica máis abaixo. Tamén é posible inscribirse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, cuxa ligazón tamén se recolle máis abaixo.

Coa solicitude deberá presentar necesariamente o xustificante de pagar a taxa correspondente. O importe da taxa é de 27,31 euros (inscrición/renovación).

O pagamento pode facerse de dous xeitos diferentes:

1. A través do impreso de autoliquidación A ou AI en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia. O modelo A pode obtelo en calquera oficina xestora da Xunta de Galicia; non se pode enviar por correo electrónico.

O modelo AI pode xeralo na ligazón que se recolle máis abaixo.

2. De forma telemática, a través da Oficina Virtual Tributaria, podendo optar por:

  • Un pagamento telemático puro, que xeraría un modelo 730 directamente.
  • Un pagamento telemático-presencial, que xeraría un modelo 739. Neste caso, unha vez xerado o modelo 739, debe acudir ao banco e despois retomar a operación na Oficina Tributaria Virtual (OTV) para xerar o modelo 730.

En calquera caso, os códigos necesarios para pagar a taxa son os seguintes:

  • Consellería de: Infraestruturas e Mobilidade - código: 06
  • Delegación de:  SS.CC. - código: 13
  • Servizo de: MOBILIDADE - código: 02
  • Denominación: dereitos exame conselleiros de seguridade - código: 31 01 20

Lembre que os modelos válidos que se deberán presentar como xustificante do pagamento de taxas son os modelos A, AI e 730. A presentación do modelo 739 non é válida como xustificante do pagamento da taxa.

É moi importante que a solicitude vaia asinada pola persoa que pretende acceder ao exame.

 

Documentos relacionados