Preguntas frecuentes sobre as subvencións para a transformación de frotas de transporte de mercancías e viaxeiros/as

Compártao :

Compartir

Dúbidas xerais
Cando se debe proceder a realizar as actuacións subvencionables?

Segundo se recolle no punto 7 do artigo 7 da Orde do 30 de marzo de 2022, “dado o carácter incentivador das axudas, só se admitirán actuacións por parte dos destinatarios últimos das axudas iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda".

É necesario solicitar a axuda de puntos de recarga e compra do vehículo á vez?

Si, os sistemas de recarga de baterías para vehículos eléctricos na modalidade de adquisición directa son subvencionables sempre que reúnan os requisitos que no Real decreto 983/2021 se detallan. Entre eles, o de ter presentado simultaneamente ou previamente á solicitude de axuda para adquisición directa ou por medio de operacións de financiación por leasing financeiro ou arrendamento de vehículo eléctrico (BEV), híbrido enchufable (PHEV) ou de autonomía estendida (REEV), de categoría N2, N3, M2 ou M3. Tamén no caso de ter presentado simultaneamente ou previa solicitude de axuda para a transformación da forma de propulsión do vehículo para que pase a funcionar na súa totalidade como vehículo eléctrico (BEV). Non se poderán solicitar axudas para un número de puntos de conexión superior ao da suma de axudas para a adquisición e transformación de vehículos do tipo especificado.

Existe un límite no número de solicitudes que pode presentar un destinatario último?

Non existe un número limitado de solicitudes a presentar para a mesma tipoloxía de actuación subvencionable. Sen embargo, sinalar que segundo o artigo 10.2 da Orde que regula o procedemento: “Ao ser válida unha única solicitude por persoa ou entidade, no caso de que algunha persoa presentase unha nova solicitude entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta”. Polo que, para presentar unha nova solicitude para a mesma tipoloxía de actuación, débese esperar á resolución da primeira solicitude para poder presentar unha segunda.

Cal é a contía das axudas?

No anexo I do Real Decreto 983/2021 de 16 de novembro establece a contía das axudas, que é fixa por cada actuación subvencionable en función do tipo de vehículo, tipo de empresa, potencia instalada (no caso de puntos de recarga), etc. Este anexo foi modificado, entre outros aspectos, no que se refire ás contías para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas, pola Orde Ministerial TMA/132/2022 de 28 de febreiro.

A dotación orzamentaria total, é para os exercicios 2022, 2023 e 2024 ou para cada exercicio reabastécese o devandito crédito?

A convocatoria é única. Polo tanto, o importe total é para o conxunto das tres anualidades (2022, 2023 e 2024). Só a partir da data en que resten tres meses para a finalización da vixencia da convocatoria (30 de abril de 2024), se algunha das partidas non se esgotou e outra partida tivese lista de reserva ou espera, poderase redistribuír o orzamento entre tipoloxía de actividades, quedando sen efecto as porcentaxes establecidas no artigo 7.4 do Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro.

Tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de abril de 2024, agás para a actividade 4 cuxa vixencia remata o 31 de decembro de 2023; que sucedería no caso de esgotamento de crédito antes das devanditas datas?

Tal e como se recolle no artigo 15.4 da Orde do 30 de marzo de 2022, no caso de esgotamento do orzamento asignado, e sempre que non expirara a vixencia dos programas, poderán seguir rexistrándose solicitudes nunha lista de reserva provisional, que serán atendidas por rigoroso orde de entrada, supeditadas a que se produzan desestimacións ou renuncias das solicitudes de axuda previas que puidesen liberar orzamento ou ben se incorpore novo orzamento á convocatoria.

En ningún caso a inclusión dunha solicitude na lista de reserva provisional xerará dereito algún para a persoa solicitante, ata que non se realicen sucesivas propostas de resolución conforme ao sinalado no artigo 14 da Orde do 30 de marzo de 2022.

Cal é o prazo da xustificación das actuacións para a recepción da axuda unha vez a solicitude foi aprobada?

O prazo de xustificación das actuacións por parte dos destinatarios últimos é de doce (12) meses trala notificación de resolución de concesión, excepto para as actuacións de implantación de infraestrutura de puntos de recarga de vehículos eléctricos, que será de dezaoito (18) meses, segundo o estipulado no artigo 22.1 da Orde do 30 de marzo de 2022.

Actividade 1 - Achatarramento
Se na copia da ficha técnica da ITV do vehículo non consta a normativa EURO, que documentos serían válidos para acreditar o devandito requisito?

No caso de que a normativa EURO non figure na ficha técnica do vehículo, esta pode ser acreditada mediante informe completo da Dirección Xeral de Tráfico, tras aboar a correspondente taxa; certificado expedido polo fabricante do vehículo; ou calquera outro documento no que a normativa EURO que cumpre o vehículo poida ser acreditada fidedignamente. 

Segundo a letra j) do apartado 1 do anexo III do Real Decreto 983/2021 de 16 de novembro, modificado polo Real Decreto 188/2022 de 15 de marzo, “achegarase copia da Tarxeta ITV (ficha técnica) do vehículo na que conste a normativa Euro do vehículo a achatarrar. No caso de que non conste na Tarxeta ITV (ficha técnica), ou que non se poida acreditar por parte da persoa solicitante, considerarase que a categoría Euro do vehículo é a máis baixa da permitida na súa data de fabricación”. Neste sentido, e segundo instrucións do Ministerio:

  • Os matriculados antes do 1 de outubro de 2001 están no grupo “vehículo Euro II ou máis antigo”.
  • Os matriculados a partir do 1 de outubro de 2021 cumpren, polo menos, co estándar Euro III (é dicir, que están no grupo “vehículo Euro IV ou Euro III”).
  • Aqueles matriculados a partir do 1 de outubro de 2009 terán o estándar Euro V (é dicir, que están no grupo “vehículo Euro V ou EEV”).
  • Os Euro VI ou calquera vehículo matriculado a partir do 1 de xaneiro de 2014 non teñen dereito a axudas para achatarramento.
Se o vehículo susceptible de achatarrar estivese a nome de varios titulares (entre eles a persoa solicitante da axuda), podería entregarse para beneficiarse da axuda por achatarramento?

Se o vehículo susceptible de achatarramento ten máis dun titular, o/a solicitante da axuda deberá ter autorización do resto de persoas titulares para actuar en representación de todas elas.

Cal é o límite de vehículos que pode achatarrar un mesmo destinatario último?

Conforme lo dispuesto en el Anexo I del Real Decreto 983/2021 de 16 de noviembre, los límites de ayuda para personas físicas serán de un vehículo por destinatario último y convocatoria, y para las empresas serán de treinta (30) vehículos por destinatario último y convocatoria.

Este límite de (30) vehículos estará vigente mientras permanezca en vigor el Marco Nacional Temporal. A partir de la finalización de la vigencia de dicho Marco Nacional Temporal, estas ayudas deberán cumplir con los límites del Reglamento (UE) n.º 1407/2013 de la Comisión, de 18 de diciembre de 2013, relativo a la aplicación de los artículos 107 y 108 del Tratado de Funcionamiento de la Unión Europea a las ayudas de minimis.

O procedemento IF318B (achatarramento) pode solicitarse illadamente ou está vinculado coa axuda para a compra dun vehículo eficiente (IF318C actividade 2)?

A actividade de achatarramento é independente das outras actividades que regula esta orde polo que non é preciso adquirir un vehículo para poder acceder a subvención para achatarramento.

É necesario xuntar un informe da DXT para demostrar a propiedade do vehículo ou chegaría coas datas do Permiso de Circulación?

Se o permiso de circulación permite constatar a titularidade do vehículo durante cando menos 2 anos, podería considerarse válido para acreditar este punto. En calquera caso, o informe completo da DXT si sería admitido.

Hai empresas que teñen os vehículos en baixa temporal en tráfico e a súa autorización de Tarxeta en alta. Terían dereito á subvención ou teñen que tramitar a alta da baixa temporal antes de presentar a solicitude?

Segundo o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, os vehículos dados de baixa temporal poderían ser obxecto de axuda se o último recibo está aboado e está ao corrente de pagos.

Para as entidades ás que se lles concedeu unha cantidade igual ou inferior a 100.000,00 € para o achatarramento, cal é exactamente o contido que debe recoller a conta xustificativa simplificada?

O contido que debe figurar na conta xustificativa simplificada, para a actividade de Achatarramento e para aquelas entidades ás cales se lles concedeu unha cantidade igual ou inferior a 100.000,00 €, aparece reflexado no artigo 22.2 da Orde do 30 de marzo de 2022.

Dado que na maioría dos casos, as persoas beneficiarias non teñen que incorrer en gastos para levar a cabo a actividade de achararramento, os puntos que debe conter a devandita conta xustificativa simplificada serán os seguintes:

  • Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.
  • Declaración responsable do representante legal da entidade (no caso de agrupación de entidades de cada unha delas), complementaria e actualizada, doutras axudas solicitadas, pendentes de resolución, outorgadas ou recibidas para o proxecto subvencionado.
  • No caso de ter incorrido en gastos, relación de todos os gastos efectuados, con indicación da data e do número da factura ou do documento xustificativo do gasto, identificación do seu emisor, data e forma de pagamento e descrición do gasto co seu importe en moeda local e o seu equivalente en euros.

Con respecto ao resto de puntos que figuran no devandito artigo 22.2, simplemente facerlles referencia e indicar que non serían de aplicación.

Actividade 2 - Adquisición e vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono
Un vehículo Euro VI é susceptible de solicitar a axuda para a adquisición dun vehículo menos contaminante?

Tal e como se recolle no sexto parágrafo dentro do epígrafe "Actividade 2. Adquisición de vehículos novos con enerxías alternativas baixas en carbono", do anexo I do Real Decreto 983/2021 de 16 de novembro, "todos os vehículos subvencionables deben cumprir sempre coa normativa europea de emisións máis recente, actualmente Euro VI step E (Regulamento (CE) nº 595/2009 do Parlamento Europeo e do Consello e modificacións posteriores)".

Existe un período de tempo no que o/a comprador/a deba ostentar a titularidade?

Si, en base ao artigo 31.4 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, deberá permanecer baixo a mesma titularidade durante polo menos 2 anos. No caso de que exista un cambio na devandita titularidade antes do devandito período, deberá poñerse este feito en coñecemento do órgano que lle outorgou a axuda. No caso de renting, o contrato deberá ser de polo menos 2 anos de duración.

A partir de cando se poden realizar os pagos e sinais para adquisición dun vehículo para o que se solicitan axudas?

Neste caso aplicaría o carácter incentivador e, polo tanto, a factura de adquisición, matriculación do vehículo, xustificantes de pago e, no seu caso, contrato de renting, deben ser posteriores á data de rexistro da solicitude de axuda.

No relativo ás axudas de adquisición de vehículos por renting, o máximo de 50 vehículos é para o cliente final ou para a propia compañía de renting?

O destinatario último da axuda é o cliente final (arrendatario/a) que dispón da autorización de transporte, polo que o límite aplicase ao destinatario último da axuda.

Actividade 4: Instalación de puntos de recarga
O renting de infraestrutura de recarga é elixible nas axudas?

Non. Só é elixible a adquisición directa, é dicir, implantación de infraestrutura de recarga sendo o/a destinatario/a último/a a persoa propietaria da mesma.

Nos casos nos que se condiciona o nivel de axuda á potencia da infraestrutura de recarga, considerase para isto a potencia da instalación total ou a do punto de recarga?

No presente programa moduláronse as axudas á recarga para dar unha sinal de apoio á recarga rápida e ultra rápida, é dicir aquela que permite recargar vehículos pesados a partir de 50 kW. Polo tanto, a potencia que se debe considerar a efectos de establecer a intensidade de axuda é a do punto de recarga e non a da instalación total.

Nota: no caso de solicitudes de infraestruturas con varios puntos de recarga, bastará con que exista polo menos un punto que poida subministrar a recarga a potencia ≥50kW para poder acceder á axuda, nos casos sinalados a tal efecto no Anexo I.

Durante canto tempo debo ser titular do punto de recarga?

As bases establecen, con carácter xeral, que o Programa se acollerá á Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Para o caso de puntos de recarga, a titularidade do punto deberá manterse polo menos durante 2 anos. 

As instalacións de recarga dobre, computarán como un único punto de recarga ou serán consideradas como 2 puntos?

Como establece o Anexo I do Real Decreto 983/2021 de 16 de novembro para a actividade 4, as contías establecidas son únicas por punto de recarga completamente instalado e con acceso para o seu uso por vehículo pesado tipo N2, N3, M2 ou M3. No caso de instalacións con dobre punto de recarga, as axudas para cada unha delas serán as correspondentes á súa potencia. No caso de existir custos subvencionables comúns aos dous puntos de recarga (por exemplo obras de acometida) establécese que o custo subvencionable da instalación se repercuta por punto de recarga, de maneira proporcional á contía solicitada/ofrecida para cada punto de recarga segundo a súa potencia.

Os vehículos híbridos contabilizan como vehículos eléctricos para considerar as infraestruturas de recarga?

Os vehículos híbridos (HEV) non contabilizan para este propósito. Si o fan os híbridos enchufables (PHEV).