Proceso

Compártao :

Compartir

Os traballos para a redacción da Estratexia Galega de Mobilidade se desenvolveron nas seguintes fases:

  • Fase 1 - Análise da mobilidade actual
  • Fase 2 - Diagnose
  • Fase 3 - Elaboración da EGM
  • Fase 4 - Información pública
  • Fase 5 - Redacción da versión final da EGM e aprobación

Fase 1 - Análise da mobilidade actual

Para o deseño e redacción da Estratexia Galega de Mobilidade analizáronse múltiples fontes de datos para caracterizar da forma máis precisa posible a mobilidade actual en Galicia.

Procesáronse millóns de datos anonimizados de telefonía móbil dos cidadáns para coñecer a mobilidade das persoas. No proxecto utilizáronse ferramentas tecnolóxicas na análise de datos de telefonía móbil e programas de machine learning para o procesamento de datos Big Data que garanten o tratamento anonimizado da información cumprindo toda a normativa vixente de protección de datos. 

A partir desta información se elaborou un modelo virtual de transporte de toda Galicia que se axustou incorporando datos dos aforamentos de estradas, información sobre a demanda e hábitos de desprazamento con datos de usuarios do transporte público por estrada e outros modos de transporte incluíndo estatísticas ferroviarias, aeroportuarias e de transporte marítimo.  análise de datos de mobilidade en Galicia

 No documento 1 "Información e análise da mobilidade en Galicia" da Estratexia Galega de Mobilidade pode consultar os resultados da análise da mobilidade en Galicia realizada para o desenvolvemento desta Estratexia. 

Fase 2 - Diagnose

Nesta fase realizouse un diagnóstico da situación actual da mobilidade de Galicia analizando todos os datos dispoñibles sobre o territorio, poboación, estrutura económica, necesidades da poboación e infraestruturas de transporte.

No documento 2 "Diagnose, obxectivos e liñas estratéxicas" da Estratexia Galega de Mobilidade pode consultar os resultados da diagnose realizada para o desenvolvemento desta Estratexia. 

Fase 3 - Redacción da Estratexia Galega de Mobilidade

Unha vez analizada a mobilidade actual en Galicia, e á vista dos resultados da diagnose realizada, redactouse a versión inicial da Estratexia Galega de Mobilidade

Fase 4 - Información pública

A versión inicial da Estratexia Galega de Mobilidade foi sometida a consulta pública o 31 de xaneiro de 2023 durante un prazo de dous meses, ata o 31 de marzo de 2023. 

Fase 5 - Redacción da versión final da EGM e aprobación

Unha vez analizadas as alegacións e os informes presentados durante a información pública redactouse a versión final da EGM, que foi aprobada en data 6 de maio de 2024.